
Club Ciclista A Estrada
Normativa
saídas por estrada
Normas de comportamento e seguridade nas saídas dominicais do club. A observancia destas regras garante a seguridade de todos.
Normas das saídas en grupo
7 normasLugar e hora de saída
O lugar de saída será da Praza do Concello de A Estrada, e o día e hora será a publicada no calendario. A hora sinalada será a de saída, non a de quedada.
Normas de circulación
Cumprimos e respectamos tódalas normas de circulación, destacando o uso obrigatorio do casco e a parada nos stop, pasos de peóns e semáforos.
Respecto ós condutores
Non increpamos ós condutores nin discutimos con eles.
Respecto ao medio ambiente
Respectamos o medio ambiente non tirando os envoltorios dos avituallamentos ó chan.
Organización do grupo
Saímos organizados en un sólo grupo a ritmo suficiente para completar a ruta no tempo estimado que figura no calendario. Non se descarta que se poidan formar dous grupos pola diferenza de nivel existente.
Maneira de rodar
- En tódalas estradas que pola súa anchura e visibilidade o permitan circularase en paralelo e no resto das estradas en fila india, evitando na medida do posible as freadas ou cambios de dirección bruscos que poñan en perigo ó grupo.
- Os que encabezan o grupo avisarán o resto das paradas e cambios de dirección (cruces, sinais de stop, semáforos) e tentarán adiantarse ós imprevistos que poidan xurdir na estrada (obstáculos, accidentes…).
- Como regra xeral, e para protexer do vento ós que vaian máis xustos de forzas, serán as parellas ou persoas con mellor nivel físico as encargadas de encabezar o grupo, dándose relevos individuais ou por parellas. Os integrantes de menor nivel físico evitarán rodar en cabeza. Cando se fagan os relevos en parellas avisárase e coordinarase a manobra de tal forma que esta se execute con seguridade para o grupo e para o resto dos vehículos.
- A parella ou individuo que comande o grupo, co fin de evitar que se descolgue ninguén e as paradas para esperar, manterá un ritmo constante e asumible para o resto, evitando as aceleracións bruscas e diminuíndo a intensidade nas subidas curtas. O resto dos integrantes formarán por detrás parellas ou fila india segundo o caso, da forma mais aliñada posible, e sen adiantar a cabeza. Cando o grupo circule en paralelo ninguén circulará no medio do grupo de forma individual. Neste último caso apartarase a un lado e deixarase caer a cola do grupo ata atopar parella.
- Os da parte de atrás do grupo avisarán o resto se algún se descolga para que se baixe o ritmo e poidan volver a enganchar.
Tramos libres
Antes do comezo da ruta, avisarase do inicio e final do tramo ou tramos libres programados, os cales, por regra xeral situaranse en subidas longas. Nestes tramos cada un rodará o ritmo que o desexe, e o final del esperarán o resto para continuala ruta agrupados.